Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración de calzado de traballo para os diferentes centros desta consellería (expediente 72/2017).

En cumprimento do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 72/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=254992

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración por lotes de calzado de uso profesional, zoco branco (sanitario e de cociña) e zapato de pel.

c) División por lotes: si.

d) CPV: 18100000-0 Roupa de traballo, roupa de traballo especial e accesorios.

18800000-7 Calzado.

CPA: 15.20 Calzado.

e) Acordo marco: non.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Política Social.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 8 de febreiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, por lotes, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado (24 meses de duración ordinaria e posible prórroga): 626.755,50 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de formalización: 13 de xullo de 2018.

b) Contratista: El Corte Inglés, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación (24 meses de duración ordinaria): 170.280,72 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social