Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38805

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 408/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 408/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Sabrina Gómez Monge contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., administración concursal Confecciones Deus e Deus Creaciones, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Tense por desistida a demanda que en materia de resolución de contrato e cantidade foi interposta por María Sabrina Gómez Monge fronte á entidade Confecciones Fraga, S.L.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato foi interposta por María Sabrina Gómez Monge contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., e Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Puntada Elaborada S.L., Gaviota Textil, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Confecciones Deus, S.L. e Deus Creaciones, S.L., e en consecuencia debo absolver as demandadas das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Sabrina Gómez Monge contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., e Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., e a administración concursal de Deus Creaciones, S.L. e Confecciones Deus, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L. e Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.351,31 € líquidos por salarios devindicados en decembro e paga extra de 2016 e xaneiro de 2017, así como o xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidades foi interposta por María Sabrina Gómez Monge fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., ás cales debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Área Inversora y Financiera del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2018