Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38870

I. Disposicións xerais

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 23/2018, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

Advertidos erros no dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 40, do luns 26 de febreiro de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 11617, na táboa de participación económica do anexo II do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, 020105 Servizo de atención diúrna, na columna referida ao grao I, servizos hostaleiros, na fila quince, onde di: «13,37 %», debe dicir: «12,37 %».

Na páxina 11617, na táboa de participación económica do anexo II do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, 020105 Servizo de atención diúrna, na columna referida ao grao II, servizos asistenciais, na fila oitava, onde di: «13,32 %», debe dicir: «12,32 %».

Na páxina 11620, no punto primeiro da disposición adicional única. Persoas beneficiarias de servizos, na liña sétima, onde di: «..., para os efectos de adecuar ás contías da participación...», debe dicir: «..., para os efectos de adecuar as contías da participación...».