Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39509

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada:

– 1 praza de técnico de facturación-concurso oposición.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 10 (dez) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros aos que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015 ou, telematicamente, a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este rematará no seguinte día hábil.

Vigo, 21 de agosto de 2018

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo