Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de servizos sociais 01/2017-CFD.

O órgano competente da Consellería de Política Social ditou a resolución do expediente sancionador número 01/2017-CFD por infracción da normativa sobre servizos sociais.

Intentada a notificación desta resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que, previamente, se publica no Diario Oficial de Galicia.

Ao abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o expediente sancionador atópase á súa disposición nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social, Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, onde no prazo de dez (10) días desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no BOE, a persoa interesada ou o seu representante legal poderán comparecer para ter coñecemento íntegro da resolución, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, advertíndolle que, de non facelo, teráselle por notificada.

Comunicáselle que contra a resolución do expediente, que non é definitiva en vía administrativa, cabe a interposición do recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2018

O director xeral de Inclusión Social
P.S. (Disposición adicional primeira do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Expediente: 01/2017-CFD.

Interesado: Cristóbal Fernández Domínguez.

DNI: *****099R.

Acto de notificación: Resolución do 15 de xuño de 2018, ditada no expediente sancionador en materia de servizos sociais 01/2017-CFD.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.