Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña), para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Jesús Santos Viqueira, propietario na zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia por modificación das bases definitivas de dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de agosto de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña