Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39569

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, tanto no artigo 13.3 e 13.4 como nos artigos 30.5 e 30.6 e 31.5 e 31.6 establece a posibilidade de que a consellería con competencias en materia de educación poida ofrecer materias de libre configuración autonómica elixibles polos centros docentes no horario establecido de libre configuración.

En virtude da citada habilitación normativa ditáronse, respectivamente, a Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta, a Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta, e a Orde do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

Co obxecto de seguir incrementando as opcións de elección dos centros docentes, dentro do seu marco de autonomía, e do seu alumnado, amplíase o número de materias de libre configuración autonómica, de xeito que se adecuen aos proxectos educativos dos centros docentes ao tempo que se desenvolven as competencias clave e os elementos transversais.

En consecuencia, de conformidade co exposto e no uso da habilitación normativa que figura na disposición derradeira segunda do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto ampliar a relación de materias de libre configuración autonómica propostas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e elixibles polos centros docentes dentro do horario de libre configuración en educación secundaria obrigatoria e bacharelato, así como regular o seu currículo e a súa oferta.

2. Esta orde será de aplicación en todos os centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan as ensinanzas mencionadas.

Artigo 2. Novas materias de libre configuración autonómica elixibles

1. Os centros docentes, ademais das materias establecidas na Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta, na Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta e na Orde do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta, poderán ofrecer, en función da dispoñibilidade dos recursos e da organización do centro, as seguintes materias: Sociedade Inclusiva e Coeducación para o Século XXI.

2. A materia de Sociedade Inclusiva poderá ofrecerse no primeiro e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria. O alumnado poderá cursala nun dos cursos segundo a oferta establecida polo centro docente. De acordo co establecido no artigo 3.2 da Orde do 15 de xullo de 2015, esta materia terá unha carga horaria dun período lectivo semanal.

3. A materia de Coeducación para o Século XXI poderá ofrecerse no primeiro curso de bacharelato. De acordo co establecido no artigo 3.4 da Orde do 15 de xullo de 2015, esta materia terá unha carga horaria de dous períodos lectivos semanais.

4. Os requisitos para a oferta das materias por parte dos centros docentes serán os establecidos no artigo 4 da Orde do 15 de xullo de 2015.

5. Como anexo a esta orde inclúese o currículo das novas materias de libre configuración autonómica sinaladas nos puntos 2 e 3 deste artigo.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar os acordos e ditar as resolucións que considere oportunas no desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Materias de libre configuración autonómica de elección
para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria

Sociedade Inclusiva

Introdución.

A inclusión, como principio fundamental do noso sistema educativo, está presente en diferentes documentos como na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948, artigo 26), na Declaración de Incheon da Unesco (2016), na Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (2006), na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, de mellora da calidade educativa (LOMCE), e no Decreto 229/2011, do 7 de decembro.

Pero para unha inclusión real non abonda con que figure na norma, precisamos que do convencemento da comunidade educativa e da sociedade en xeral xurdan accións como a planificación e implementación de accións e proxectos que garantan unha sociedade plenamente inclusiva. A igualdade de oportunidades para todas as persoas require a implicación e o compromiso social de moi diferentes axentes, entre eles a comunidade educativa, para garantir os recursos e os contextos sociais que, desde o deseño universal, sexan equitativos e xustos.

Unha sociedade inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todas as persoas poden desenvolverse plenamente cando se lles outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas, cando se estimulan as capacidades e responsabilidades sociais na escola, pero tamén nos contornos sociais e ao longo de toda a vida, traballando en colaboración coas familias e outros membros da comunidade.

Para acadar este proxecto social inclusivo precísase unha cidadanía activa, participativa e comprometida coa inclusión plena e real. Polo tanto, esta materia vai encamiñada á construción dun pensamento social crítico que teña o seu reflexo no contorno próximo do alumnado.

Os diferentes bloques que constitúen a materia enténdense como unha espiral na cal se parte do concreto, simple e próximo ata analizar a realidade do contorno e actuar sobre ela para mellorala. Trátase, polo tanto, dunha materia proactiva que precisa dunha metodoloxía dialóxica, de participación e construción conxunta do coñecemento, de descubrimento, de aprendizaxe baseada en proxectos e, en resumo, de experiencia vital e social vinculada ao contorno educativo e social do alumnado. Neste sentido, contar coas vivencias de diferentes persoas é especialmente valioso para enriquecer a mirada e potenciar a empatía de cara a unha sociedade inclusiva.

No primeiro bloque, A diversidade como valor social, analízase o concepto de diversidade desde unha perspectiva comunitaria, como factor de enriquecemento e de crecemento persoal e colectivo. Pártese dunha visión positiva da diferenza fronte aos prexuízos que poden coartar as nosas expectativas con respecto a nós mesmos/as e ás demais persoas. O autocoñecemento e a autoaceptación, como elementos de desenvolvemento emocional claves na escola, trabállanse desde unha visión inclusiva. Finalmente reflexiónase sobre os apoios necesarios e sobre como estes son flexibles e variables, dependendo de cada persoa e de cada momento vital, ambiente ou situación. Os apoios como elemento de xustiza social, en suma, permiten darlle a cada persoa o que necesita en lugar de dar a todas as persoas o mesmo. Así, este primeiro bloque está centrado en cambiar a mirada con que se observan as demais persoas e o contorno, facéndoa máis rica e sensible.

No segundo bloque, A accesibilidade universal e a inclusión, cobran relevancia as cuestións vinculadas á accesibilidade universal propiamente dita. A identificación e eliminación de barreiras de todo tipo, tanto desde accións de accesibilidade como desde un axeitado deseño universal ou para todos e todas, permite unha análise máis fina das potencialidades e necesidades das diferentes persoas e de como os contornos físicos, organizativos e sociais lles dan resposta. Analízase se as diferentes respostas favorecen ou dificultan a inclusión e a construción dunha cultura colectiva inclusiva. Reflexiónase tamén sobre a diversidade na familia e sobre como os contornos familiares, pola súa proximidade, poden axudar a centrar as cuestións clave da accesibilidade.

Finalmente, o terceiro bloque, O contorno inclusivo, céntrase na aplicación práctica, isto é, na abordaxe de proxectos de análise e intervención sobre o contorno, desde o nivel máis pequeno e próximo das actividades ata a intervención en contornos sociais amplos como o barrio ou o concello, contando co papel relevante do asociacionismo e do voluntariado. O seu obxectivo é integrar e poñer en acción todos os contidos tanto conceptuais como procedementais e actitudinais que, mobilizados de xeito efectivo, supoñen o desenvolvemento das competencias clave do alumnado. Supón tamén unha invitación á participación da comunidade no proceso educativo favorecendo o exercicio dos dereitos e deberes do alumnado como cidadanía activa e responsable.

O desenvolvemento dos bloques non ten que seguir unha orde cronolóxica senón que, en función da metodoloxía empregada e das actividades programadas, poden intercalarse para configurar proxectos de traballo, aprendizaxe-servizo e aprendizaxe colaborativa.

Sociedade Inclusiva (1º/2º curso da ESO)

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias

Bloque 1. A diversidade como valor social

• c

• h

• m

• B1.1. O concepto de diversidade. A diversidade como conxunto de características das persoas: diversidade social, cultural, funcional, de xénero, afectivo-sexual, etc.

• B1.1. Recoñecer e comprender a propia diversidade e a das demais persoas, interpretando a realidade a través das diferenzas.

• SIB1.1.1. Explica mediante exemplos tirados da vida cotiá os tipos de diversidade referidos a si mesmo/a e aos/ás demais.

• CSC

• CCL

• SIB1.1.2. Deduce, desde o respecto, con base en informacións variadas, as diferentes sensibilidades derivadas da diversidade.

• CCEC

• CAA

• B1.2. Recoñecer o concepto de diversidade funcional e os seus diferentes tipos: física ou motora, sensorial, psíquica e intelectual.

• SIB1.2.1. Expón unha visión xeral dos diferentes tipos de diversidade funcional e as súas principais características.

• CMCCT

• a

• g

• B1.2. As persoas e as súas diferenzas. A diferenza como valor social enriquecedor. A empatía e a súa importancia para a socialización.

• B1.3. Fundamentar o valor da diferenza como elemento enriquecedor.

• SIB1.3.1. Identifica as diferenzas e valora o papel que teñen como elemento enriquecedor.

• CCEC

• SIB1.3.2. É quen de poñerse no lugar do outro en situacións discursivas, dramatizacións e xogos de rol para amosar as diferenzas como elementos impulsores de procesos de mellora.

• CSIEE

• CCL

• d

• e

• l

• B1.3. Os prexuízos como factor limitador para o desenvolvemento social. A construción social desde o coñecemento e a comprensión das demais persoas.

• B1.4. Recoñecer os propios prexuízos cara a un mesmo e aos demais en contraposición ás características reais das persoas e valorar o impacto que teñen no desenvolvemento persoal e social destas.

• SIB1.4.1. Describe os seus propios prexuízos cara a características diversas como as diferenzas en mobilidade, xénero, raza...

• CCL

• SIB1.4.2. Busca e compara as características reais de diferentes persoas fronte ás ideas baseadas nos seus propios prexuízos e analiza o impacto destes nas expectativas.

• CSC

• CD

• CCEC

• g

• h

• m

• B1.4. O coñecemento das fortalezas e necesidades de todas as persoas para facilitarlles o máximo desenvolvemento posible.

• B1.5. Recoñecer as fortalezas e capacidades ademais das necesidades de todas as persoas, independentemente da súa condición.

• SIB1.5.1. Describe e valora as fortalezas, debilidades e necesidades propias e dos/das demais.

• CSIEE

• CCL

• a

• c

• m

• B1.5. Os apoios necesarios adaptados á persoa concreta. A importancia do trato á persoa de acordo coas súas características: idade cronolóxica, potencialidades, etc.

• B1.6. Coñecer os diferentes apoios (comunicativos, de mobilidade, cognitivos, etc.) e demostrar a súa necesidade.

• SIB1.6.1. Aplica o concepto de apoio e é quen de xustificar a súa natureza e necesidade.

• CSC

• CCL

• CMCCT

• B1.7. Reflexionar sobre a igualdade de trato e relacionala coa xustiza social.

• SIB1.7.1. Pon exemplos de igualdade de trato dos que deducir que é un factor impulsor da igualdade de oportunidades.

• CSIEE

• CSC

• B1.8. Analizar en positivo a necesidade dos apoios segundo cada persoa.

• SIB1.8.1. Analiza de xeito crítico exemplos de necesidade e pertinencia dos diferentes apoios en función de destinatarios concretos.

• CAA

• CCL

Bloque 2. A accesibilidade universal e a inclusión

• l

• ñ

• B2.1. O concepto de inclusión como evolución de integración. A segregación en relación coa equidade e igualdade de oportunidades.

• B2.1. Coñecer e exemplificar os conceptos de inclusión, normalización, integración e segregación en todos os ámbitos.

• SIB2.1.1. Utiliza o concepto de inclusión, fronte a segregación e integración, a través de exemplos de medidas adoptadas en situacións da vida diaria para solucionar problemas cotiáns.

• CSC

• SIB2.1.2. Explica a relación que existe entre a normalización e a inclusión, e ilústraa con exemplos prácticos.

• CCL

• CSIEE

• B2.2. Interpretar o significado do concepto de inclusión de xeito positivo, relacionado coa equidade e a igualdade de oportunidades.

• SIB2.2.1. Identifica boas prácticas inclusivas no seu centro e na súa contorna, e relaciónaas coa equidade e a igualdade de oportunidades.

• CSC

• CCEC

• c

• e

• m

• B2.2. A accesibilidade universal como elemento necesario para o desenvolvemento de todas as persoas.

• B2.3. Comprender o concepto de accesibilidade universal e a súa importancia para o desenvolvemento de todas as persoas.

• SIB2.3.1. Aplica o concepto de accesibilidade universal para expresar relacións de equidade e igualdade de oportunidades.

• CSIEE

• CMCCT

• f

• g

• m

• B2.3. O contorno como verdadeira posibilidade para comprender a necesidade da accesibilidade universal e os beneficios para a comunidade. Tipos de barreiras (físicas, de comunicación, cognitivas, actitudinais, organizativas, etc.).

• B2.4. Recoñecer e analizar as diferentes barreiras que dificultan a accesibilidade universal e a participación da persoa en calquera ámbito.

• SIB2.4.1. Identifica, desde unha actitude construtiva, barreiras no seu centro e na súa contorna, e analiza como poden afectar cada unha das persoas.

• CMCCT

• CD

• SIB2.4.2. Valora as vantaxes sociais que representa para todas as persoas a dispoñibilidade de apoios e recursos accesibles.

• CSC

• CCEC

• e

• f

• g

• B2.4. Medidas ou accións que promoven a inclusión. A lingua de signos, lectura fácil/accesible, sistemas aumentativos e alternativos de comunicación (SAAC), Braille, accesibilidade web, accesibilidade física e sensorial, etc.

• B2.5. Identificar e recoñecer os principais recursos existentes para eliminar os diversos tipos de barreiras.

• SIB2.5.1. Coñece a existencia de diferentes sistemas e métodos de comunicación.

• CMCCT

• CD

• SIB2.5.2. Identifica e valora a utilidade das diferentes posibilidades en materia de accesibilidade universal en función das características de cada persoa, e valora a súa utilidade e necesidade.

• CMCCT

• CD

• c

• e

• f

• g

• B2.5. O deseño universal, un deseño para todos e todas.

• B2.6. Comprender como un deseño axeitado de recursos, actividades, etc., favorece a plena inclusión e facilita o acceso de todas as persoas.

• SIB2.6.1. Identifica factores que favorecen o deseño universal como as opcións de personalización e a flexibilidade dos produtos, servizos, etc.

• CMCCT

• CD

• B2.7. Formular alternativas de accesibilidade ante as barreiras identificadas.

• SIB2.7.1. Propón melloras encamiñadas ao deseño universal dos produtos, servizos, etc., tendo en conta a opinión dos e das demais e, nomeadamente, das persoas usuarias deles.

• CSIEE

• CSC

• a

• c

• m

• B2.6. A diversidade e a accesibilidade no contorno familiar.

• B2.8. Recoñecer e valorar na súa propia familia as vantaxes e necesidades que presentan as diferentes persoas.

• SIB2.8.1. Identifica necesidades diferenciais no seu contorno familiar, con especial atención ás persoas maiores, á infancia, persoas con discapacidade, entre outros colectivos.

• CSC

• CAA

• SIB2.8.2. Valora e pon exemplos de como estes diferentes focos de atención axudan a ver dunha maneira máis enriquecedora o mundo.

• CSC

• CCL

Bloque 3. O contorno inclusivo

• b

• c

• d

• n

• B3.1. Actividades inclusivas (proxectos, xogos, dinámicas de grupo, etc.) en contextos de aula, espazos lúdicos e actividades extraescolares e complementarias.

• B3.1. Revisar as diferentes situacións e contextos das actividades para que garantan os principios de accesibilidade universal.

• SIB3.1.1. Participa activamente en actividades desde a potenciación da inclusión.

• CSC

• CSIEE

• SIB3.1.2. Propón vías de mellora de actividades para facelas máis inclusivas.

• CSC

• CAA

• SIB3.1.3. Deseña e executa pequenas accións inclusivas.

• CSIEE

• CAA

• b

• d

• e

• B3.2. A aula e o centro educativo (servizos educativos e complementarios) como contextos inclusivos.

• B3.2. Distinguir, comprender e vivenciar as accións que se levan a cabo no centro de cara a unha inclusión real.

• SIB3.2.1. Busca información e comunica de xeito claro como o centro favorece a inclusión propoñendo medidas de mellora.

• CAA

• CSIEE

• CCL

• SIB3.2.2. Apoia accións, se é necesario respectando as necesidades dos compañeiros e das compañeiras, valorando a súa subxectividade, para garantir a participación plena de todos e todas.

• CCEC

• CAA

• SIB3.2.3. Experimenta, mediante actividades de simulación grupais, as necesidades das diferentes persoas, comunicando estas vivencias de xeito empático.

• CCL

• CSIEE

• a

• d

• e

• B3.3. As asociacións, ONG, organizacións sociais, etc., como axentes facilitadores da inclusión tanto nos centros educativos como no contorno social.

• B3.3. Coñecer e valorar o traballo de asociacións, ONG e outras organizacións sociais que traballan a favor da inclusión.

• SIB3.3.1. Contacta e dialoga con aquelas asociacións, ONG, organizacións sociais, etc., do seu interese e afonda na análise de posibles dificultades ou áreas de mellora do seu contorno.

• CAA

• CSIEE

• CCL

• CD

• B3.4. Aprender a vivir en comunidade desde o coñecemento doutros axentes sociais locais, valorando as diferentes accións e plans de voluntariado.

• SIB3.4.1. Identifica a nivel persoal os seus propios valores e ponos en relación coas posibles achegas en materia de voluntariado.

• CSIEE

• CSC

• b

• d

• f

• B3.4. O contorno próximo (barrio, concello, etc.) inclusivo.

• B3.5. Coñecer e analizar criticamente os elementos do contorno que actúan como barreiras ou como facilitadores da inclusión.

• SIB3.5.1. Explora o contorno, identifica elementos favorecedores e barreiras, e comunica os seus achados de modo rigoroso e claro.

• CCEC

• CCL

• SIB3.5.2. Elabora, con base na exploración realizada, propostas de mellora desde o deseño universal, nun formato que permita a súa elevación ás autoridades competentes.

• CSIEE

• CSC

Materias de libre configuración autonómica de elección
para os centros docentes en bacharelato

Coeducación para o Século XXI

Introdución.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que un dos fins do sistema educativo será a educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.

No ámbito normativo galego, o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, dispón que a Xunta de Galicia adoptará, dentro das súas competencias, as medidas conducentes a lles proporcionar, tanto ás mulleres coma aos homes unha educación para a igualdade. Para estes efectos, o currículo regulador da práctica docente de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades do sistema educativo adaptarase a unha serie de especificacións relativas a obxectivos, contidos, metodoloxía e criterios de avaliación, entre as que se atopan:

– O enriquecemento do contido curricular coas contribucións ao coñecemento humano realizadas polas mulleres no pasado e no presente, e co axeitado reflexo do seu papel na evolución histórica.

– A adquisición, en alumnos e alumnas, dos coñecementos e das actitudes necesarias para a corresponsabilidade de homes e mulleres.

– O fomento das vocacións femininas ou masculinas con independencia da área a que se refiran, promovendo a presenza equilibrada e evitando as decisións profesionais derivadas de prexuízos.

– A garantía da coeducación na Comunidade Autónoma de Galicia dentro das súas competencias propias.

A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo, establece que a Xunta de Galicia desenvolverá e difundirá proxectos e materiais didácticos actualizados, dirixidos a todos os niveis educativos, que conteñan pautas de conduta que transmitan valores de respecto e igualdade, de xeito que se favoreza a prevención de actitudes e situacións violentas.

A materia de Coeducación para o Século XXI é unha manifestación concreta dos mandatos citados que contribúe á inclusión da igualdade de xénero e á prevención da violencia contra as mulleres no currículo do bacharelato, abordando o concepto de coeducación en toda a súa diversidade e en conexión directa coa inmediata realidade social. Deste xeito, o coñecemento adquirido non se limita a un ámbito teórico, senón que se converte nunha ferramenta de comprensión da desigualdade por razón de xénero con que analizar a evolución histórica e a situación actual e con que reflexionar sobre todos os aspectos que cómpre mudar como condición necesaria para acadar unha plena igualdade de oportunidades e de inclusión das persoas na nosa sociedade.

O primeiro bloque, Historia dos feminismos. Do patriarcado á reivindicación do principio de igualdade, introduce a reflexión sobre o concepto de patriarcado para entender as causas das discriminacións que sufriron as mulleres ao longo da historia. A seguir, repásanse os sucesos máis destacados na historia da conquista dos dereitos das mulleres no contexto filosófico e ideolóxico do momento co fin de entender os debates e as polémicas de cada época. Trázase así unha xenealoxía feminista necesaria para reler os acontecementos históricos á luz das resistencias á consecución dos dereitos das mulleres. Así pois, este bloque permite trasladar a mirada crítica sobre a historia para reinterpretar o seu relato e para entender mellor o presente e as dificultades que aínda lastran os avances na ampliación dos dereitos ás mulleres como membros de pleno dereito na construción da cidadanía.

O segundo bloque, Feminidades e masculinidades. A construción de identidades igualitarias, procura unha reflexión sobre como o xeito de ser muller ou home segue a estar determinado por unha construción cultural que leva parella unha desigualdade social. Sobre este recoñecemento búscase que o alumnado deconstrúa moitas aprendizaxes baseadas en principios sexistas e, polo tanto, discriminatorios. A partir de aquí búscase a reflexión sobre a feminidade e a masculinidade co fin de ver como, segundo o contexto xeográfico e histórico, se poden ir determinado os perfís de modelos de muller e de home. Desde este recoñecemento, búscase axudar o alumnado, a través do compromiso persoal, a ir artellando o seu propio proxecto de vida, familiar e profesional libre de estereotipos desde unha posición de autoestima, de respecto pola diferenza e de empoderamento para conseguir os seus propios obxectivos como exemplo dun cambio social que procura mellorar as condicións de vida que limitan as posibilidades de realización, tanto no ámbito público como no privado, das mulleres e, en diferente medida, dos homes.

O terceiro bloque, Expresión social da violencia contra as mulleres, traballa o recoñecemento das distintas formas de violencia recoñecibles polo propio alumnado en distintos contextos e ámbitos co fin de poder facer unha valoración de conxunto que consiga trasladar o impacto que ten hoxe en día a violencia de xénero en todo o mundo. A partir da análise dos distintos problemas atopados proponse un traballo persoal de procura de causas e solucións das que o alumnado poida participar activamente para contribuír a paliar as desigualdades como causas da violencia de xénero.

O cuarto bloque, Proxecto coeducativo, supón a elaboración dun proxecto, como produto final de materia, que consiste na posta en práctica de moitas das reflexións e aprendizaxes que se vaian desenvolvendo na aula ao longo do curso. Trátase de estudar un determinado ámbito e deseñar unha acción coeducativa que poida supoñer un cambio na vida do alumnado. Os temas seleccionados e obxecto deste traballo deben orientarse á consecución dunha sociedade máis igualitaria. Para a realización do proxecto coeducativo pódese abordar a presenza das mulleres nos currículos escolares; a vida das mulleres ao longo do século XX e na actualidade, coa axuda de testemuños directos recollidos na familia; as situacións laborais discriminatorias no contorno e/ou fóra del; a presenza de homes e mulleres no espazo público; os proxectos de realización persoal de mulleres e homes; a percepción da violencia por parte de homes e mulleres; etc.

Tras a realización da escolla e da investigación do tema elixido, cómpre que o alumnado deseñe unha estratexia comunicativa para realizar a intervención. Co fin de favorecer a efectividade e a consecución do obxectivo transformador, o alumnado debe identificar a que público se quere dirixir (alumnado do centro, familias, contorno...), seleccionar os formatos que mellor cheguen a este público (cartelaría, exposición, audiovisual, charlas, performance, club de lectura/debate...).

Por último, resulta clave que o alumnado sexa capaz de experimentar desde a empatía todas as conclusións das súas pescudas, coa intención de trasladalas ao plano máis privado e emocional posible.

En canto á metodoloxía, esta materia suxire unha abordaxe lineal, pero non se considera imprescindible para a consecución do obxectivo último: a intervención coeducativa. Os aspectos máis conceptuais e historicistas teñen a finalidade de encadrar o contexto teórico e epistemolóxico da loita pola igualdade entre homes e mulleres, que o alumnado adoita descoñecer, ao non afondarse a través dos currículos. A partir da visión dos marcos máis globais, procúrase que a metodoloxía sexa sempre activa para que as mozas e os mozos trasladen ao ámbito que lle resulte máis próximo ou significativo a necesidade de actuación en beneficio da continuación desa loita pola igualdade.

Proponse a metodoloxía de proxectos para garantir a integración das aprendizaxes, para poñer en práctica o traballo coeducativo a través da aprendizaxe cooperativa e, na medida das posibilidades de acción, para rematar realizando unha intervención que traslade ao contexto educativo as solucións identificadas polo alumnado.

Coeducación para o Século XXI (1º curso de bacharelato)

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias

Bloque 1. Historia dos feminismos. Do patriarcado á reivindicación do principio de igualdade

• a

• b

• c

• h

• B1.1. A orixe do patriarcado.

• B1.1. Describir o concepto de patriarcado.

• COEB1.1.1. Valora o patriarcado como unha forma de organización sociopolítica e identifica as principais estruturas que o sustentan.

• CSC

• CCEC

• a

• b

• c

• h

• B1.2. O principio de igualdade e os dereitos de cidadanía.

• B1.2. Analizar a relevancia da igualdade na superación da sociedade estamental e no xurdimento da modernidade.

• COEB1.2.1. Identifica a exclusión dos dereitos políticos das mulleres como xustificación simbólica doutras exclusións: dereito sobre a propiedade, á familia, á educación, ao traballo, ao domicilio, ao matrimonio, á herdanza… analizando diversas épocas a través de textos, películas e obras literarias.

• CSC

• CCEC

• a

• b

• c

• d

• h

• B1.3. Definición de feminismo.

• B1.3. Interpretar diversas definicións de feminismo.

• COEB1.3.1. Define o feminismo como unha teoría crítica da sociedade e recoñece as súas características como movemento social e político analizando exemplos na historia moderna.

• CCL

• CSC

• CCEC

• a

• b

• c

• d

• h

• B1.4. Antes da Ilustración: o memorial de agravios. A «querela das mulleres».

• B1.5. A primeira vaga feminista: as loitas e os logros da época da Ilustración. A «cuestión das mulleres».

• B1.6. As políticas de inclusión na esfera pública.

• B1.4. Identificar as figuras máis destacadas e os trazos principais das primeiras posicións de denuncia da desigualdade das mulleres.

• COEB1.4.1. Recoñece as queixas e a defensa expresadas en textos das primeiras etapas de denuncia das desigualdades que sufrían as mulleres.

• CSC

• CCEC

• a

• b

• c

• h

• B1.7. A segunda vaga: o sufraxismo.

• B1.8. As relacións entre o movemento de reivindicación dos dereitos civís e os movementos políticos e sociais.

• B1.5. Coñecer as personaxes e os fitos históricos máis salientables da etapa do sufraxismo.

• COEB1.5.1. Recoñece as achegas e estratexias máis relevantes do sufraxismo americano e británico no seu contexto político e social.

• CSC

• CCEC

• a

• b

• c

• d

• h

• B1.9. A terceira vaga: as loitas e os logros da década de 1970.

• B1.10. Figuras da época: Simone de Beauvoir, Betty Friedan e Kate Millet.

• B1.6. Analizar a influencia das figuras máis destacadas desta etapa.

• COEB1.6.1. Identifica as tendencias e as preocupacións das feministas da época a través dos seus textos.

• CSC

• CCEC

• a

• b

• c

• d

• h

• B1.11. A loita feminista en España e en Galicia: características e figuras máis destacadas.

• B.1.12. O dereito da educación nos textos da época: Padre Feijoo, Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán.

• B1.7. Explicar a importancia das figuras da época na introdución da polémica feminista e na demanda do dereito á educación para as mulleres neste período.

• COEB1.7.1. Analiza, a través de textos e películas, as demandas feministas presentes en Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán.

• CAA

• CSC

• CCEC

• a

• b

• c

• h

• B1.13. O sufraxismo en España.

• B1.8. Explicar as posturas defendidas na época arredor do sufraxio feminino.

• COEB1.8.1. Valora a figura de Clara Campoamor e a súa defensa do sufraxio feminino.

• CSC

• CSIEE

• a

• b

• c

• d

• e

• h

• B1.14. Os dereitos das mulleres na II República.

• B1.9. Explicar o que supuxo para para as mulleres a modernización social e política durante a II República.

• COEB1.9.1. Describe os avances lexislativos en materia de dereitos na época da II República.

• CSC

• CSIEE

• a

• b

• c

• e

• h

• B1.15. Os dereitos das mulleres durante a ditadura franquista.

• B1.16. Estereotipos de masculinidade e feminidade durante a ditadura.

• B1.10. Valorar o que supuxo a ditadura franquista no proxecto de vida persoal e profesional de homes e mulleres da época.

• COEB1.10.1. Recrea e interpreta, a través da análise da propaganda da época, o prototipo feminino e masculino da etapa franquista.

• CCL

• CAA

• CSC

• CSIEE

• a

• b

• c

• h

• B1.17. Os dereitos das mulleres durante a transición democrática.

• B1.11. Valorar o impacto do feminismo na transformación da sociedade desde a transición.

• COEB1.11.1. Investiga sobre os cambios que se produciron na transición respecto da etapa anterior e sobre os colectivos que os protagonizaron.

• CCL

• CD

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• h

• B1.18. A axenda feminista na actualidade.

• B1.12. Identificar e describir os temas de interese e preocupación feminista na actualidade.

• COEB1.12.1. Investiga sobre a axenda feminista actual e identifica as preocupacións das mulleres segundo o seu contexto.

• CCL

• CAA

• CSC

• CSIEE

• CCEC

Bloque 2. Feminidades e masculinidades. A construción de identidades igualitarias

• a

• b

• c

• h

• B2.1. O sistema sexo-xénero.

• B2.2. A construción social do xénero.

• B2.1. Distinguir de que xeito os xéneros asignan características diferentes segundo sexa o sexo biolóxico da persoa.

• COEB2.1.1. Identifica as influencias dos distintos axentes socializadores na construción do xénero a través da publicidade, da literatura, da música, das actividades de lecer, etc.

• CCL

• CD

• CAA

• a

• b

• c

• B2.3. Estereotipos e roles de xénero. O sexismo e os prexuízos sexistas. Socialización diferenciada e devaluación do feminino.

• B2.2. Reflexionar sobre como inflúen os estereotipos e os roles de xénero no pensamento, na actuación e sentir de mulleres e homes.

• COEB2.2.1. Analiza criticamente a influencia dos estereotipos no desenvolvemento persoal (itinerarios formativos, relacións persoais...).

• CCL

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• B2.4. Estratexias de visibilización libre de estereotipos (modelos de conduta, mito da beleza, valor social, etc.).

• B2.3. Recoñecer modelos de comportamento libres de estereotipos sexistas.

• COEB2.3.1. Distingue pautas de comportamento libres de estereotipos sexistas e exemplifícaas ou represéntaas a través de contextos da vida cotiá.

• CCL

• CD

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• B2.5. Construción dun proxecto de vida persoal e profesional igualitario:

– O empoderamento das mulleres e o seu proxecto de vida persoal.

– As novas masculinidades e o papel dos homes na igualdade.

• B2.4. Identificar novos modelos de masculinidade e feminidade e comprender e argumentar os beneficios que ten para a autonomía persoal.

• COEB2.4.1. Analiza a sociedade como unha realidade en transformación para homes e mulleres a través de casos reais.

• CCL

• CD

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• B2.6. A relación co propio corpo.

• B2.5. Analizar as consecuencias da feminidade e masculinidade tradicional no benestar e na saúde de mulleres e homes.

• COEB2.5.1. Identifica exemplos da vida cotiá nos cales se amosen os actuais canons de beleza e deduce como inflúen no benestar e na saúde.

• CMCCT

• CD

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• B2.7. A diversidade e a expresión da identidade sexual e de xénero.

• B2.8. Modelos de familias e formas de convivencia.

• B2.6. Comprender e respectar a diversidade sexual e de xénero na construción persoal e familiar.

• COEB2.6.1. Valora a diversidade na orientación sexual e nos modelos de familias.

• CD

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• B2.9. Educación emocional e afectivo-sexual. A expresión das emocións: alfabetización e xestión emocional, relacións amorosas, amor romántico.

• B2.7. Comprender como a socialización incide na expresión ou represión emocional de mulleres e homes.

• COEB2.7.1. Recoñece a necesidade de valorar a educación emocional nos homes e o empoderamento nas mulleres.

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• B2.10. Relacións afectivas e sexuais: mitos e conduta.

• B2.8. Deconstruír mitos e falacias da educación afectivo-sexual tradicional.

• COEB2.8.1. Constrúe unha visión persoal positiva da educación sexual e afectiva.

• CCL

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• B2.11. A corresponsabilidade e a ética do coidado.

• B2.12. O proxecto de vida profesional: orientación laboral libre de estereotipos.

• B2.9. Analizar con espírito crítico a participación de homes e mulleres nos ámbitos públicos e privados.

• COEB2.9.1. Analiza o cambio que supón adquirir novas cotas de participación en tarefas de coidado e ocupación laboral (a través de estatísticas, novas de actualidade, etc.).

• CAA

• CSC

• B2.10. Analizar os factores laborais que inciden no desenvolvemento do proxecto de vida persoal e profesional.

• COEB2.10.1. Analiza con capacidade crítica o funcionamento do ámbito formativo e laboral desde unha perspectiva de xénero.

• CAA

• CSC

Bloque 3. Expresión social da violencia contra as mulleres

• a

• b

• c

• B3.1. A violencia de xénero: concepto e exemplos. A violencia como manifestación extrema da desigualdade en distintos ámbitos (laboral, de parella, etc.).

• B3.1. Identificar a violencia contra as mulleres como manifestación dunha desigualdade social.

• COEB3.1.1. Identifica situacións da vida real en que se evidencia a violencia de xénero e realiza hipóteses sobre as súas causas.

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• d

• B3.2. As formas de violencia.

• B3.3. Manifestación da violencia de xénero no ámbito laboral.

• B3.4. A violencia contra as mulleres no mundo.

• B3.2. Analizar información de actualidade para coñecer a repercusión e o impacto das distintas formas de violencia a que están expostas as mulleres en todo o mundo.

• COEB3.2.1. Analiza a expresión e repercusión da violencia contra as mulleres a través de casos reais tirados de textos de actualidade.

• CAA

• CSC

• CSIEE

• CCEC

• a

• b

• c

• B3.5. As relacións de parella na adolescencia.

• B3.6. Manifestacións da violencia de xénero nas relacións de parella: violencia psicolóxica, económica, física e sexual.

• B3.3. Analizar información de actualidade para coñecer a repercusión e o impacto da violencia no seo da parella.

• COEB3.3.1. Identifica as manifestacións da violencia de xénero na parella na adolescencia.

• CAA

• CSC

• COEB3.3.2. Extrae conclusións sobre o clima de convivencia que se dá dentro da parella adolescente, atendendo aos distintos tipos de relacións.

• CAA

• CSC

• a

• b

• c

• e

• m

• B3.7. Relacións de convivencia entre iguais (respecto, liberdade, comunicación non violenta, asertividade, empatía, resolución pacífica de conflitos, empoderamento feminino, autonomía, autoestima, xestión das emocións, etc.).

• B3.4. Identificar fórmulas de mellora da convivencia que contribúan a solucionar as situacións de discriminación e desigualdade desde unha perspectiva de xénero.

• COEB3.4.1. Analiza dilemas morais de xénero en contextos interpersoais e propón solucións aos conflitos formulados.

• CAA

• CSC

• COEB3.4.2. Expón unha proposta persoal de solucións que contribúan a paliar as desigualdades e violencias que sofren as mulleres desde a mellora das relacións interpersoais.

• CAA

• CSC

Bloque 4. Proxecto coeducativo

• a

• b

• c

• e

• h

• m

• B4.1. Proxecto de intervención socioeducativa no contorno. Identificación de desigualdades e deseño de propostas para o cambio.

• B4.1. Realizar un proxecto colaborativo integrado no medio en que vive, encamiñado á posta en marcha dunha intervención sociocomunitaria con perspectiva de xénero coa cal se procure camiñar cara á igualdade entre homes e mulleres.

• COEB4.1.1. De xeito colaborativo, identifica unha situación discriminatoria, observa unha actuación contraria aos valores coeducativos e deseña unha actividade de intervención social.

• CAA

• CSC

• CSIEE

• a

• b

• c

• e

• h

• m

• B4.2. Deseño do proxecto coeducativo.

• B4.3. Definición do obxecto de interese. Identificación dunha desigualdade en calquera ámbito social (centro educativo, empresa, institucións, lecer, medios de comunicación, cultura...). Análise das fontes e realización do diagnóstico. Xustificación da súa necesidade. Obxectivos e contidos.

• B4.2. Investigar sobre as situacións de discriminación que sofren as mulleres nun contexto determinado.

• COEB4.2.1. Recoñece as múltiples situacións discriminatorias cara ás mulleres, vinculándoas con algúns factores como a raza, a relixión, a idade, a clase social, a situación socioeconómica, a cultura, a lingua…

• CAA

• CSC

• CSIEE

• CCEC

• B4.3. Manexar fontes de información e extraer o contido de interese con perspectiva de xénero.

• COEB4.3.1. Utiliza e contrasta diferentes fontes de información (orais, escritas, audiovisuais) para seleccionar e organizar a información relevante, facendo unha análise crítica desde unha perspectiva de xénero.

• CCL

• CD

• CAA

• CSC

• CSIEE

• a

• b

• c

• e

• g

• m

• B4.4. Deseño da intervención. Axentes implicados. Estratexias de intervención.

• B4.4. Analizar as situacións discriminatorias observadas con perspectiva de xénero e realizar propostas de mellora.

• COEB4.4.1. Interpreta a realidade analizando as novas posicións de mulleres e homes e os beneficios que derivan para a súa autonomía persoal.

• CD

• CAA

• CSC

• CSIEE

• a

• b

• c

• e

• m

• B4.5. Redacción e posta en práctica do proxecto. Estratexias de comunicación non discriminatoria: a linguaxe non sexista.

• B4.5. Redactar os textos que soportan o proxecto de traballo empregando unha linguaxe non discriminatoria.

• COEB4.5.1. Utiliza unha linguaxe non discriminatoria e eficaz na comunicación oral e escrita.

• CCL

• CAA

• B4.6. Implementar a estratexia de acción da intervención social planificando os recursos con que se pode contar.

• COEB4.6.1. Realiza de xeito colaborativo, sen incorrer en estereotipos de xénero, a planificación dunha intervención de mellora das discriminacións de xénero no contorno inmediato.

• CD

• CAA

• CSC

• CSIEE

• a

• b

• c

• m

• B4.6. Avaliación dos resultados. Reflexión persoal sobre o impacto deste traballo na contorna socioeducativa e no seu propio desenvolvemento como ser humano.

• B4.7. Avaliar da contribución de homes e mulleres ao proceso de elaboración e desenvolvemento do proxecto e mais da súa propia contribución.

• COEB4.7.1. Recoñece que o proxecto supuxo un avance na súa traxectoria como axente activo de cambio e transformación social.

• CAA

• CSC

• CSIEE