Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2018 Páx. 39737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de agosto de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no procedemento de aceptación de renuncia e liquidación de vivenda, expediente POCAB05015, conta 3.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos actos obxecto de notificación deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de agosto de 2018

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 18.3.2015)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

POCAB05015, cta.3

Ana Luisa Franco do Amaral Ramos

...090 R

Liquidación de vivenda

POCAB05015, cta.3

Ana Luisa Franco do Amaral Ramos

...090 R

Resolución aceptación renuncia