Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2018 Páx. 39699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 314/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 314/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Magdalena Naya González contra Fondo de Garantía Salarial, Coruñatex, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Jesús Hernando Arenas.

A Coruña, 10 de agosto de 2018.

Por recibida a anterior citación negativa á demandada Coruñatex, S.L., únase ás actuacións. Practicada indagación domiciliaria nas bases de datos do CEXSIL e do PNJ, inténtese a citación por medio do SCACE e da notificación da presente no BOP, servindo de citación co fin de que compareza na devandita calidade para xuízo sinalado o próximo día 17 de setembro de 2017 ás 11.30 horas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se vai interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Coruñatex, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 10 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza