Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018024AL-CO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 4 de xullo de 2018, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2018024AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Café Aruba Import, S.L. (Café Aruba’s).

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Café Aruba Import, S.L. (Café Aruba’s) o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015, para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da mesma lei, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2018024AL-CO.

Interesada: Café Aruba Import, S.L. (Café Aruba’s).

Documento de identificación: B70456827.

Último enderezo coñecido: rúa Médico Rodríguez, 20, 15004 A Coruña.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Resolución: sanción de 5.501,00 € e o comiso e destrución do produto intervido segundo Acordo nº 3/18 ditado pola xefa territorial o 5.2.2018.