Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de acondicionamento do cabido para sala de interpretación no mosteiro de Santa Catarina de Montefaro, en Ares (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=267338

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 32, do 14 de febreiro de 2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: obras de acondicionamento do cabido para sala de interpretación no mosteiro de Santa Catarina de Montefaro, en Ares (A Coruña).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 90.121,80 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 12 de xullo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 30 de xullo de 2018.

c) Contratista: Obras Gallaecia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 88.896,14 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria