Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39937

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 84/2018, do 2 de agosto, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de ampliación de calzada na estrada AC-552. p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10, no concello de Arteixo.

Antecedentes:

Primeiro. O 26 de marzo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 60 o Anuncio do 16 de marzo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción de ampliación de calzada na estrada AC-552. p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 27 de xullo de 2018 apróbase o expediente de información pública e, definitivamente, o proxecto de construción de ampliación de calzada na estrada AC-552. p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10.

Este proxecto de construción ten por obxecto o incremento da capacidade da estrada AC-552 no treito indicado, así como a mellora da seguridade viaria da actual intersección coa travesía da Groufa. Tamén se pretenden absorber os tráficos xerados en hora punta, que na actualidade prexudican os accesos ao polígono de Sabón, e a circulación de entrada e saída asociada á parcela de Inditex, todo isto mediante a execución dunha glorieta.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de agosto de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de ampliación de calzada na estrada AC-552. p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10.

Santiago de Compostela, dous de agosto de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda