Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de agosto de 2018 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 178/2018 no expediente de reposición da legalidade PON/593/2014-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 178/2018, interposto por Esther Mariño Costales, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso potestativo de reposición o 15.3.2018, interposto contra outra do 14.1.2016, expediente PON/593/2014-RP1, en que se declara que as obras de construción dunha edificación de tres plantas executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, no lugar da Graña, concello de Vilaboa, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a súa demolición, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cese definitivo dos usos aos que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Uxío Caamaño Santiso para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2018

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística