Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do control de calidade da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear e radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OT 9, PI 9.7, OE 9.7.1. (expediente AB-SER3-18-037).

1. Poder adxudicador. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Investimentos.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Código NUTS: ES11.

7º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

8º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: control de calidade da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear e radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OT 9, PI 9.7, OE 9.7.1.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 71600000.

f) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 48, do 8.3.2018 e na web do Sergas e plataforma de contratos de Galicia o 8.3.2018.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificado.

b) Procedimiento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: oferta económica ata 100 puntos.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 32.024,54 €, IVA (%): 21 %. Importe total: 38.749,69 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2018.

b) Número de ofertas recibidas: tres.

c) Data de formalización do contrato: 21 de agosto de 2018.

d) Adxudicataria:

1º. Nome: Applus Norcontrol, S.L.

2º. NIF: B15044357.

3º. Dirección: estrada nacional, km 582.

4º. Localidade e código postal: Sada (A Coruña), 15168.

5º. Teléfono 981 01 45 00 e fax 981 01 45 00.

6º. Dirección electrónica: info.noroeste@appluscorp.com

7º. É peme (segundo normativa europea): si.

8º. Pertence a un grupo de empresas: non.

e) Importe de adxudicación. Importe neto: 23.520,49 €, IVA (%) 21 %. Importe total: 28.459,79 €.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración atópanse publicados no perfil do contratante.

7. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: si, está financiado nun 80 %.

8. Procedemento de recurso:

a) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Servicio do cal se pode obtener información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

1º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos