Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40064

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2003/2018).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2003/2018 desta sección, seguido por instancia de Administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez contra Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Administración concursal Confecciones Fraga (Juan Carlos Rodríguez Maseda), Administración concursal Plataforma Costurera, Iberfis Titulados Mercantis&González Seoane, Administración concursal Confecciones Deus, Argo Asociados Abogados y Asesores TRI, Administración concursal Deus Creaciones, Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, Administración concursal Costura Invisible, Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, Laura María García Torreira sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Parte dispositiva. A sala acorda: desestimar o recurso de reposición interposto por Administración concursal Confección Ideal (Cristina Suárez Gestal), contra o auto con data do 9.7.2018, que se mantén nos seus mesmos termos.

Notifíqueselles este auto ás partes, facéndolles saber que contra este non cabe recurso.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo, coa letrada da Administración de xustiza da sala.

E para que sirva de notificación en legal forma a Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 9 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza