Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de agosto de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-163 en Fontán (punto quilométrico 1+280-1+840) e AC-182, treito: Mandín-As Torres (punto quilométrico 2+460-2+860), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/16/094.06).

Antecedentes:

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas, teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Este proxecto ten por obxecto a execución dunha senda nas estradas AC-163 e AC-182, nos municipios de Sada e Oleiros.

Os treitos nos que se prevé actuar son os seguintes:

1. Na estrada AC-163, treito Fontán (pp.qq. 1+280 a 1+840): trátase da principal vía de enlace dos núcleos de Sada e Mera pola costa, e nela xa existen beirarrúas ou itinerarios peonís, agás no treito obxecto da actuación, polo que este proxecto posibilitará a circulación a pé ao longo dun itinerario continuo paralelo a estrada, fomentando a mobilidade sustentable na zona.

2. Na estrada AC-182, treito Mandín-As Torres (pp.qq. 2+360 a 2+760): posibilita o enlace a pé entre a urbanización As Torres coa zona rural da Cova, mediante un paso superior sobre a Vía Ártabra.

En ambas as estradas reporase a sinalización existente, incorporaranse os pasos de peón necesarios para dar continuidade á senda nas zonas urbanas, e rozaranse as marxes das estradas afectadas.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, perante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), no Concello de Sada (avenida das Mariña, 25, 15160 Sada, A Coruña) e no Concello de Oleiros (praza de Galicia, 1, 15173 Oleiros, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 29 de agosto de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-163 en Fontán
(p.q. 1+280-1+840) e AC-182, treito: Mandín-As Torres (p.q. 2+460-2+860)
clave: AC/16/094.06

Concello de Sada-Terreos que se van expropiar.

Ref. catastral

Titular

Polígono

Parcela

Sup. catastral

(m2)

Sup. afectada (m2)

Tipo terreo

7

0616407NJ6001N0001TL

Mª Lourdes Siso Deus

061634

7

468

12,9

Urbano parcialmente afectado por sistema local de equipamento e sistema viario

11

0615608NJ6001N0001JL

Carmen Alonso Pereiro

06156

8

2.096

392,5

Urbano parcialmente afectado por sistema viario e espazos libres

Concello de Sada-Terreos cedidos.

Ref. catastral

Titular

Polígono

Parcela

Sup. catastral

(m2)

Sup. afectada (m2)

Tipo terreo

1

0414501NJ6001N0001UL

Rebollido, Susana

04145

1

2.018

19,8

Rústico de protección de infraestruturas

2

0616401NJ6001N0001BL

Ogando Cueto, Mª Francisca

06164

1

871

199,8

Urbano parcialmente afectado por sistema viario

3

0616402NJ6001N0001YL

Caramés Seoane, Ramón, herdeiros

06164

2

1.838

68,5

Urbano parcialmente afectado por sistema viario

4

0616403NJ6001N0001GL

Riveiro Vila, Mª Mercedes

06164

3

2.095

332,0

Urbano parcialmente afectado por sistema viario

5

0616404NJ6001N0001QL

Siso Deus, Mª Purificación

06164

4

460

144,4

Urbano parcialmente afectado por sistema viario

6

0616406NJ6001N0001LL

Rodríguez Fernández, Carmen

06164

6

847

66,5

Urbano parcialmente afectado por sistema local de equipamento e sistema viario

8

0616422NJ6001N0001JL

García Losada, Mª Ángeles Seijas García, José

06164

22

324

8,5

Urbano parcialmente afectado por sistema local de equipamento e sistema viario

9

0616408NJ6001N0001FL

Seijas Novo, Antonio

García Losada, Mª Ángeles

06164

8

323

7,6

Urbano parcialmente afectado por sistema local de equipamento e sistema viario

10

0616409NJ6001N0001ML

García Losada, Mª Ángeles Seijas García, José

06164

9

648

10,8

Urbano parcialmente afectado por sistema local de equipamento e sistema viario

12

0615605NJ6001N0001DL

Babío Guitián, Emilio

Babío Guitián, Antonio

06156

5

126

9,51

Urbano parcialmente afectado por sistema viario e espazos libres