Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 28 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2011/0223-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao amparo do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, nesta Sección de Sancións do Servizo de Emprego e Economía Social, a copia da sentenza firme ditada polo Xulgado do Penal número 3 da Coruña, ditada no procedemento número 292/2015, polo accidente laboral do traballador Alejandro Antonio Portocarrero Alcocer.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, ditarase resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (1.7.2011).

• Escrito de alegacións (18.7.2011).

• Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2011/0223-4.

Acta núm. I362011000064990.

Empresa: Santiago Pazos Moreira.

NIF/DNI: 35272127-V.

Enderezo: Porto pesqueiro-peirao leste 19 51, esc. A-B, Marín.

Vigo, 28 de agosto de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra