O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 20 de xullo de 2018, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico no lugar das Pedreiras, Liáns, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Francisco Amenedo Paredes e a Josefa Carmen Carrillo Souto, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.
Para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2018
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística