Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dun posto de traballo por libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 135, do 17 de xullo de 2018, publicáronse as bases aprobadas pola resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno local, do 3 de xullo de 2018, relativa á seguinte convocatoria de posto de libre designación:

– 1 posto de xefe do Servizo de Intervención Xeral.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 16 de agosto de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Eugenia Vieito Blanco
Concelleira delegada de Facenda e Administración