Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2018 Páx. 40333

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Xoán de Río

ANUNCIO da oferta de emprego para o ano 2018.

– 1 posto operario servizos diversos: laboral fixo.

Visto o que por acordo do Pleno de data 30 de novembro de 2017 se aprobou, xuntamente co orzamento municipal, o persoal e a relación de postos de traballo deste Concello para o ano 2018, publicados integramente no Boletín Oficial da provincia de Ourense, nº 6, de data 9 de xaneiro de 2018.

Visto que en maio de 2018 cesou no posto de operario de servizos múltiples o traballador laboral fixo deste Concello Lorenzo Pérez González, por xubilación voluntaria.

Vistos os informes emitidos pola Secretaría-Intervención desta Corporación, así como o disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 70 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.

Examinada a documentación que se acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Visto que o Pleno da Corporación, en sesión do 26 de xullo de 2018, acordou aprobar a oferta de emprego para 2018, con base orzamentaria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste Concello para o ano 2018, de conformidade co acordado polo Pleno da Corporación en sesión do 26 de xullo de 2018 para o posto de traballo:

Persoal laboral

Categoría laboral

Especialidade

Nº de vacantes

Denominación

Prazo solicitude

Oficial

Servizos diversos (electricidade, fontanaría, manexo de maquinaria, etc.)

1

Operario de servizos diversos

Anunciarase na convocatoria correspondente

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios do Concello, na sede electrónica do Concello, e no Diario Oficial de Galicia, para os efectos procedentes.

San Xoán de Río, 9 de agosto de 2018

Luis Castro Álvarez
Alcalde