De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, con data do 23 de agosto de 2018, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de urbanización da fase 1 do Complexo Hospitalario de Ferrol.
– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión para acometer a execución das obras de urbanización da fase 1 do Complexo Hospitalario de Ferrol.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o día seguinte á sinatura da encomenda ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2018
Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde