Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 40347

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 30 de agosto de 2018 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 27 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (IN519B).

O día 17 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (IN519B).

No artigo 21.1 das bases, establécese que os concellos beneficiarios terán ata o 31 de outubro de 2018 para presentar a documentación xustificativa da subvención. Tendo en conta a data de resolución das devanditas axudas, motivada polo elevado volume de solicitudes recibidas, o longo proceso de avaliación e resolución das mesmas e, co fin de facer viables os procesos de execución e xustificación por parte dos beneficiarios resultantes, sen que con iso se cause prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do prazo de execución e xustificación

Amplíase ata o día 15 de novembro de 2018 (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (IN519B).

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria