Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 41904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de convocatoria para cubrir, por quenda de mobilidade, unha praza de policía local.

No BOP da Coruña número 156, do 17 de agosto de 2018, aparecen publicadas as bases da convocatoria para a provisión por quenda de mobilidade dun posto vacante na RPT do Concello de Fene de policía local, escala básica, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo C, subgrupo C1, por concurso.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 17 de agosto de 2018

Gumersindo P. Galego Feal
Alcalde