Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2018.

Por Resolución da Alcaldía deste Concello, do 21 de agosto de 2018, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se relacionan para o ano 2018, en cumprimento do disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Persoal laboral.

Categoría laboral

Titulación

Nº de vacantes

Denominación

Acceso

Forma de provisión

Fixo

Licenciatura ou grao en Filoloxía Galega

1

Normalizador lingüístico

Libre

Concurso oposición (consolidación de emprego temporal, artigo 19 da LPXE)

Fixo

Licenciatura universitaria ou grao en administración e dirección de empresas, dereito, ciencias empresariais, económicas, relacións laborais e recursos humanos ou equivalente

1

Axente de emprego e desenvolvemento local

Libre

Concurso oposición (consolidación de emprego temporal, artigo 19 da LPXE)

Rois, 22 de agosto de 2018

Manuel dos Santos Rodríguez
Alcalde en funcións