Non se pudo levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017427AL-CO incoado a El Ebanista 127, S.L.U.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Os prazos serán os seguintes:
– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
A Coruña, 14 de agosto do 2018
A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade)
Marta Gil Perez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2017427AL-CO.
Interesada: El Ebanista 127, S.L.U., (Cerveceria Kloos).
DNI/NIF/CIF: B70376322.
Último enderezo coñecido: lugar As Travesas-Lois, 11B, 15380 Oza Cesuras.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.