Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018084AL-LU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 24 de xullo de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018084AL-LU, incoado a General de Servicios y Contratas Reunidas, S.A.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a General de Servicios y Contratas Reunidas, S.A. o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, núm. 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 3 de setembro de 2018

María Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2018084AL-LU.

Interesada: General de Servicios y Contratas Reunidas, S.A.

CIF: A37059334.

Último enderezo coñecido: praza Puerta Zamora, 4-6, entreplanta, oficina 9, 37005 Salamanca.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 5.1 e 5.4.a) do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigo 10 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

Tipificación provisional: unha infracción leve, tipificada no artigo 51.1 parágrafo 1º da Lei 17/2011, de 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).