Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 201890000001301.

Data: 22.6.2018.

Solicitante: José M. Miñones Conde (en representación do Concello de Ames).

Especie: Fraxinus angustifolia Vahl, 1804.

Localidade: Quistiláns.

Concello: Ames.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 111584/RX1780714.

Data: 3.7.2018.

Solicitante: Andrés García Vilariño (en representación do Arcebispado de Santiago).

Especie: Euonymus japonicus Thunb.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 123001/RX1959397.

Data: 20.7.2018.

Solicitante: Rebecca Canosa Ferrío.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Carral.

Concello: Carral.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 123002/RX1959398.

Data: 20.7.2018.

Solicitante: Rebecca Canosa Ferrío.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Carral.

Concello: Carral.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte (20) días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural