Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42146

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Mediante Resolución conxunta do 2 de febreiro de 2018 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede a súa publicación de conformidade coa mesma. Na súa virtude:

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar gañador do premio na categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto Consumo con xeito, realizado polo Colexio de Educación Primaria Virxe do Camiño.

Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto Merca cos nosos commercials, realizado polo Centro Público Integrado Domingo Fontán.

Terceiro. Declarar gañador do premio na categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto E ti… practicas un turismo responsable?, realizado polo Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio.

Cuarto. Declarar gañador do premio na categoría D (alumnado de educación especial), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto Ese anuncio… vai por min?, realizado polo Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria