Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42143

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2018.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 100, do 28 de maio de 2018, procede facer as oportunas correccións:

Na páxina 26160, na base décimo terceira, onde di: «f) Proxectos rematados nos 6 últimos anos que recibisen previamente unha axuda ao desenvolvemento da Agadic/Xunta de Galicia: 1 punto por proxecto ata un máximo de 4 puntos», debe dicir: «f) Proxectos rematados nos 6 últimos anos que recibisen previamente unha axuda ao desenvolvemento da Agadic/Xunta de Galicia: 1 punto por proxecto ata un máximo de 6 puntos».