Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 33542444A/11/07/2018/2.1.E e un máis.

Intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia ás interesadas, ditado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio dos expedientes sancionadores arriba referenciados e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que contra el cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego de Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírteselles ás interesadas que, se non formularen alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 30 de agosto de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 33542444A/11/07/2018/2.1.E.

Nome: Sonia Landriz Ares.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio de procedemento sancionador coa proposta de perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: 34971799T/03/07/2018/2.1.E.

Nome: María Josefa Fernández Prada.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio de procedemento sancionador coa proposta de perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.