Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de requirimento do cumprimento de obrigacións en materia de xestión de biomasa vexetal.

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa a actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, non tendo constancia de ningún domicilio, notifícase á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na r/ Cristóbal Colón s/n, Boborás, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

En Boborás, 24 de agosto de 2018

Rosa González Doporto
Alcaldesa en funcións

ANEXO

Expediente: 186/2018.

Interesado: José Domínguez Pérez.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal, parcelas nº 464, 452, 456 do polígono 30 do catastro de rústica do Concello de Boborás.