Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42361

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade da resolución de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

Mediante a Resolución do 13 de abril de 2018 (DOG nº 80, do 25 de abril) publicáronse as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 9.7 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva de data 5 de setembro de 2018 de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. A resolución do 5 de setembro de 2018 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpor un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica