Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infracción na orde social do expediente Y2061674Z/23/07/2018/2.1.E.

Intentada a notificación da comunicación do inicio do procedemento sancionador ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola cal se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formularen por escrito as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego Ourense A Ponte, sita na rúa San Francisco Blanco, 2-baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñecer integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos interesados que, se transcorrido o dito prazo non achegan alegación en tempo e forma, a Xefatura Territorial de Ourense ditará a correspondente resolución, a cal dispón dun prazo de seis meses desde a data deste acordo para notificarlles a resolución pertinente.

Ourense, 5 de setembro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: Y2061674Z/23/07/2018/2.1.E.

Nome: Ilda Raquel Guerra Vieira Monteiro.

Concello: Coles (Ourense).

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da comunicación: comunicación por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.