Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a extinción das concesións temporais de carácter experimental outorgadas á xa disolta Asociación Gallega de Mejilloneros (Agame).

Por razóns de interese público e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio faise público que por resolucións do 30 de agosto de 2018, da Consellería do Mar, acordouse a extinción das concesións temporais de carácter experimental que lle foran outorgadas á xa disolta Asociación Gallega de Mejilloneros (Agame) e que a seguir se relacionan:

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 51 do polígono «A» do distrito marítimo de Cangas (batea exp. Agame 51).

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 69 do polígono «D» do distrito marítimo de Cangas (batea exp. Agame-Baiona).

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 72 do polígono «D» do distrito marítimo de Cangas (batea exp. Agame-Vigo).

Viveiro experimental localizado na cuadrícula 10 do polígono «D» do distrito marítimo de Portonovo (batea exp. Testal 1).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica