Mediante a Resolución do 3 de maio de 2018 convocouse a novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 94, do 18 de maio).
Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 80.000 € que se imputou ás contas orzamentarias 13 A1 712A 770.0 e 13 A1 712A 781.0.
O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas.
De acordo co anterior
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia o resultado da novena edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, convocada mediante a Resolución do 3 de maio de 2018.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Categoría |
Finalidade |
Beneficiario |
Importe |
Mozos |
Levinred, S. Coop. Galega |
Levinred, S. Coop. Galega |
10.000 € |
Proxectos culturais e de recuperación patrimonial no medio rural |
Festival de la Luz |
A.C. Festival de la Luz |
10.000 € |
Proxectos de interese social |
Programa de atención ao medio rural de AFAOR e Viña Costeira |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer en Ourense (AFAOR) |
10.000 € |
Turismo |
Turisa Galicia |
Martiño Novo Canda |
10.000 € |
Sector agrogandeiro |
Veigas de Sabugueiro |
Veigas de Sabugueiro, S.L. |
10.000 € |
Innovación tecnolóxica |
Trasdeza Natur |
María José Tallón García |
10.000 € |
Mulleres |
Coop. Lácteas Unidas CLUN, S. Coop. Galega |
CLUN, S. Coop. Galega |
10.000 € |
Loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras agrarias |
Posta en valor da terra para produción hortícola |
Cristina Bañobre Lomba |
10.000 € |