Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2018 Páx. 42643

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 10 de setembro de 2018 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento de María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar