Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción de glorieta de acceso á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei (PO-404), no concello de Tui (clave PO/16/198.06).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 18 de abril de 2018, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción de glorieta de acceso á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei (PO-404), no concello de Tui (clave PO/16/198.06). Con data do 14 de maio de 2018, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto, por Decreto 47/2018, publicado no Diario Oficial de Galicia do 26 de abril.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Tui, para que comparezan no lugar, datas e horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

• Lugar: Tui. Casa Consistorial (Praza do Concello, 1).

• Data: 10 de outubro de 2018, das 9.00 ás 14.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Tui e no Servizo de Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (Avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, 36003 Pontevedra).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, 36003 Pontevedra), as alegacións que xulguen pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Pontevedra, 5 de setembro de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra