Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42741

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018 pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR809A).

Conforme o establecido na Orde do 24 de abril de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR809A), publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión e a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoas beneficiarias, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro

Conceder as bolsas convocadas ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR809A), ás persoas candidatas relacionadas no anexo.

Segundo

Denegar o resto das solicitudes presentadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
P.D. (Orde do 29.12.2017 e DD III da Orde do 24.4.2018)
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

1

Álvarez Rodríguez

Iván

Oficina Técnica da Cooperación Española no Perú

17.400 €

05.26.331A.4800

2

Cendán Castillo

María

Direccion Xeral de Relacions Exteriores e coa UE. Santiago de Compostela

12.000 €

05.26.331A.4800

3

González Flores

María

Direccion Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Santiago de Compostela

12.000 €

05.26.331A.4800

4

Pesoli

Giulia

Oficina Técnica da Cooperación Española en Guatemala

17.400 €

05.26.331A.4800

5

Álvarez Alcaraz

Raquel

Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana

17.400 €

05.26.331A.4800

6

Dávila Cacheda

Sabela

Oficina Técnica da Cooperación Española en Mozambique

17.400 €

05.26.331A.4800