Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación aos propietarios do predio coa referencia catastral 32076A33002590000UT.

Visto o anuncio de notificación no taboleiro de edictos único do BOE do 3 de setembro de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense os propietarios, arrendatarios ou usufrutuarios da parcela coa referencia catastral 32076A033002590000UT, e inscrita no Catastro a nome de Dolores Blanco Blanco, para que no prazo de quince (15) días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 13 de setembro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde