Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42762

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado
polo ISSGA

Data da sinatura

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais e saúde ambiental

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental

0,00 €

6.6.2018

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais e riscos comúns

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

0,00 €

12.6.2018

Acordo de prórroga do convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en prevención de riscos laborais

A realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais

0,00 €

12.6.2018