1. Entidade adxudicadora.
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: construción dun edificio de corenta (40) vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais comerciais na parcela Z-11, sector 10, do Parque Ofimático da Coruña.
b) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses, que terá en todo caso carácter de prazo máximo.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.
c) Forma: multicriterio.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: catro millóns novecentos oitenta e nove mil vinte e sete euros con oitenta céntimos (4.989.027,80 €), IVE excluído.
b) IVE (10 %): catrocentos noventa e oito mil novecentos dous euros con setenta e oito céntimos (498.902,78 €).
c) Importe total: cinco millóns catrocentos oitenta e sete mil novecentos trinta euros con cincuenta e oito euros (5.487.930,58 €).
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 20 de agosto de 2018.
b) Data de formalización do contrato: 3 de setembro de 2018.
c) Contratista: UTE Construcciones Orega, S.L.-Avan Integral, S.L.
d) Importe de adxudicación: catro millóns cincocentos vinte e tres mil cincocentos cincuenta e un euros con cincuenta e un céntimos (4.523.551,51 €).
e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo