Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43084

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Promoción interna:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Álvarez Lamas, Lucía

33547237N

57

Acceso libre:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Barral Martínez, Mónica

52456168E

18

Cinza Cabarcos, Helena

34282435S

17, 58

Martínez Lores, Rosa María

35479517Q

16

Montero Senra, José Luis

34626351N

16

Recuna Carrasco, Pablo

32807827Y

15

Roca Carrodeguas, Carlos

32697557K

16

Rosado Fernández, Santiago

32839192E

17, 20, 58

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

18

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

57

Non pertencer ao corpo/escala do grupo correspondente

58

Documentación xustificativa de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non presentada