Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43111

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Promoción interna:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Paz-Trelles Sánchez, Pablo

32808959B

57

Código

Descrición

57

Non pertencer ao corpo/escala do grupo correspondente