Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43105

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Buján Francesch, Elena

46919339Y

97

Canosa Rey, Jesús

52430896G

97

Cruz García, Isolina

32638812H

97

Fernández Sueiro, Consuelo

34924749P

97

Míguez Suárez, Rita

15366271V

97

Outeda López, Nuria

76822365L

14

Rey Cespón, Berta

76967120N

97

Tarrío González, Juan Manuel

34972398R

97

Trelles Padín, María Isabel

35313939S

97

Cota específica base I.1.1:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Armada Herbello, Susana

36119563H

71

Fontán Acuña, Estrella

35310296Y

71

Gigirey González, Dolores María

33258019L

71

Gutiérrez Eizaguirre, Domingo

32654997B

71

Vidal Álvarez, Alejandro

52931435V

16, 97

Código

Descrición

14

Documento xustificativo exención de taxas non válido

16

Documento xustificativo exención de taxas non presentado

71

Certificado de discapacidade non cotexado

97

Non cumprir o requisito da base I.2.3