Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43042

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2018

Convenio

Data da sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2018.

9.5.2018

8.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa para a colaboración no desenvolvemento do fondo Proba de concepto.

8.6.2018

400.673 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade da Coruña para a colaboración no Máster de Innovación e Estratexia Dixital da empresa.

15.6.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia para fomentar a transparencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia.

17.7.2018

110.980 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

12.6.2018

25.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) para o desenvolvemento de programas de I+D+i nos centros oceanográficos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

12.6.2018

50.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

12.6.2018

144.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

31.8.2018

400.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

12.6.2018

324.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

12.6.2018

402.000 €