Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43022

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2018).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario, da entidade beneficiaria, da contía e da finalidade.

Mediante a Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 das axudas dirixidas as asociacións de mulleres e as súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de cincuenta e dous mil seiscentos vinte e cinco euros e sesenta céntimos (52.625,60 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Pontevedra, 3 de setembro de 2018

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A): subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2018

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G36380301

Asociación de Diagnosticados de Cáncer de Mama (Adicam)

Liña 1

3.000,00 €

G36837433

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

Liña 1

3.000,00 €

G36657336

Asociación de Mulleres Progresistas

Liña 1

3.000,00 €

G36217529

Asociación de Mulleres Rurais Pena de Francia

Liña 1

2.031,07 €

G36928646

Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

Liña 1

2.526,05 €

G27718907

Asociación Nós Mesmas

Liña 1

2.174,97 €

G15773013

Asociación CNG da Marcha Mundial das Mulleres

Liña 1

1.325,40 €

G36462273

Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes

Liña 1

1.729,51 €

G36454163

Asociación de Mulleres Rurais de Loño

Liña 1

1.231,75 €

G36522795

Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós

Liña 1

1.770,06 €

G36599603

Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo

Liña 1

1.779,18 €

G36386175

Asociación de Mulleres Rurais e Culturais Santa Mariña

Liña 1

1.129,85 €

G36442291

Asociación de Mulleres Rurais de Cumeiro

Liña 1

1.756,92 €

G36501013

Asociación de Mujeres y Familias Rurales Santa María de Rubín

Liña 1

1.369,05 €

G36015485

Asociación de Amas de Casa e Consumidores O Noso Lar

Liña 1

1.069,02 €

G36451912

Asociación de Mulleres Rurais A Purísima

Liña 1

1.630,04 €

G36362598

Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns

Liña 1

1.625,63 €

G36228054

Asociación Mulleres Rurais Os Borrizos

Liña 1

1.763,76 €

G27826999

Asociación Empresarias de Galicia

Liña 2

3.000,00 €

G36212959

Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois

Liña 2

1.544,49 €

G36222339

Asociación de Mulleres Rurais de Codeseda

Liña 2

1.578,81 €

G36250512

Asociación de Mulleres o Agarimo do Deza

Liña 2

1.559,32 €

G36505451

Asociación de Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño

Liña 2

1.525,42 €

G36528826

Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara dos Ancorados

Liña 2

1.559,32 €

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

Liña 2

3.000,00 €

G36261030

Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo

Liña 2

1.539,83 €

G36178051

Asociación de Mulleres Rurais O Menhir

Liña 2

1.924,79 €

G36470458

Asociación de Mulleres Rurais de Sabrexo

Liña 2

1.481,36 €