De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste presente anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables descoñecidas a súa obriga de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas nas seguintes parcelas:
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Lugar ou parroquia |
XB 2018/14 Elvira Villar |
32023A005001560000HA |
O Couso |
XB 2018/22 |
32023A080000060000HB |
Paradela |
Concédeselles para facelo un prazo máximo de quince (15) días naturais, desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa, sen prexuízo do expediente sancionador que se instruirá.
Indícase que o texto íntegro do acto que se notifica, así como o expediente no seu conxunto, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento no Concello.
Castrelo de Miño, 21 de agosto de 2018
Xurxo Rodríguez Méndez
Alcalde