Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43238

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Pediátrica no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 3 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 15 de novembro), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia na categoría de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Pediátrica.

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 15 de decembro de 2017 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Finalizado o prazo indicado, e de conformidade co punto sétimo da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais na categoría de enfermeiro/a especialista en Enfermaría Pediátrica do Sistema público de saúde de Galicia.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución do 3 de novembro de 2017, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes, contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as direccións das estruturas organizativas de Xestión Integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.

A aceptación ou o rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as, e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

A directora xeral de Recursos Humanos
P.S (artigos 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d) da Orde do 5.7.2012)
Mª Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal