Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43292

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, período 2014-2020.

missing image file

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa anuncia a apertura da convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Visita á feira Seafex (Dubái, 27 de outubro-4 novembro de 2018). Sector: produtos do mar, equipamentos e servizos relacionados.

2. Misión comercial con exhibición de produtos en Spanish Extravaganza de Doha (Qatar) (Doha, 28 de outubro-5 de novembro de 2018). Sector: agroalimentario, bebidas e servizos anexos a este sector (profesionais hostalaría, etc.).

Primeiro. Beneficiarios

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será de:

1. Visita á feira Seafex (Dubái): 6.

2. Misión comercial con exhibición de produtos en Spanish Extravaganza de Doha (Qatar): 5.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e a mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria está á disposición das empresas na sede da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pódese consultar a través da web www.camarapvv.com

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución das actuacións mencionadas máis abaixo no marco desta convocatoria para o período 2014-2020 é de:

1. Visita á feira Seafex (Dubái): 14.320 €.

2. Misión comercial con exhibición de produtos en Spanish Extravaganza de Doha (Qatar): 35.875 €,

dentro do programa operativo «Plurirrexional de España Feder 2014-2020 PO».

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa serán de:

1. Visita á feira Seafex (Dubái): 4.600 €.

2. Misión comercial con exhibición de produtos en Spanish Extravaganza de Doha (Qatar): 5.800 €,

e serán achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea e pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A contía máxima das axudas para outorgar, con cargo a esta convocatoria, ás empresas participantes nas seguintes actuacións é de:

1. Visita á feira Seafex (Dubái): 9.720 €.

2. Misión comercial con exhibición de produtos en Spanish Extravaganza de Doha (Qatar): 30.075 €,

en concepto de subvención. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 70 % con cargo aos fondos Feder, a través do programa operativo «Plurirrexional de España Feder 2014-2020 PO», e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese o día 25 de setembro de 2018 e finalizará:

1. Visita á feira Seafex (Dubái): 11 de outubro de 2018.

2. Misión comercial con exhibición de produtos en Spanish Extravaganza de Doha (Qatar): 11 de outubro de 2018.

O modelo de solicitude de participación poderase descargar na web www.camarapvv.es

Vigo, 31 de agosto de 2018

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e
Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa