Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 30 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente 2004/213-5).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no marco do procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución se poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 30 de agosto de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2004/213-5.

Interesado: Fernando Freije Papiri.

DNI: *****625R.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 31 de maio de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.